Pesqueiras
Entre a primavera e o verán de 2004, un feixe de persoas –representantes de asociacións ecoloxistas, culturais, de pescadores, de comerciantes, comunidades de montes, partidos políticos...– reunímonos en Salvaterra co fin de constituír unha plataforma en defensa do río Miño, ameazado pola construción de tres novos encoros hidroeléctricos no treito comprendido entre os concellos de Crecente e As Neves. En xuño de 2004 a Plataforma Cívica en Defensa do Río Miño ficou constituída.
No manifesto que se asinou poñíase de relevancia o elevado impacto ambiental e socieconómico que supoñía a construción dos encoros, pero tamén se facía especial fincapé na desaparición dun importante ben patrimonial como son as pesqueiras que se espallan ao longo dese treito do río. Anxo Saborido, presidente da organización ecoloxista Adenco e mais da plataforma, Alberte Reboreda, técnico de Patrimonio Cultural, Xavier Simón, profesor da Universidade de Vigo, ou Manuel Bragado, coa contribución dun fabuloso artigo publicado en Faro de Vigo, fixeron un gran traballo de concienciación sobre a necesidade de salvar o Miño e salvar tamén o seu patrimonio ecolóxico, social e cultural. Pero séguese sumando xente. Onte publicábase a nova de que o Museo do Pobo Galego outorgou o premio Antón Fraguas a un traballo realizado entre os centros Pazo da Mercé das Neves e Pedra de Auga de Ponteareas. Varios mestres destes institutos presentaron un proxecto didáctico sobre as pesqueiras do Miño e o seu ecosistema. Comezaron no mes de novembro e xa organizaron ciclos de conferencias, descensos polo Miño, catalogación das pesqueiras... Outros institutos da zona xa pensan en adherise ao proxecto, que posiblemente cruce á outra beira porque algún centro de Monçao tamén se interesou pola iniciativa.
Sen dúbida, unha razón máis para que se paralicen de vez os trámites da contrución do anacrónico proxecto hidroeléctrico.